Versión impresa

TOP Series (anime) en galego da nosa infancia

TOP Series (anime) en galego da nosa infancia

  • Lista creada por Diego.Amil.
  • Publicada el 06.07.2016 a las 20:41h.
  • Clasificada en la categoría Cultura.
  • La lista SI admite nuevos comentarios.
  • La lista SI admite que sus elementos sean votados.
  • La lista SI admite que otros usuarios añadan nuevos elementos.

Avatar de Diego.Amil

Último acceso 24.08.2016

Perfil de Diego.Amil

  • Las estadísticas del usuario se mostrarán en los próximos días.

Ver el perfil de Diego.Amil

Acciones de la lista

Lista para tentar clasificar da forma máis directa e afín á realidade que se me ocorreu. Podedes votar á ou ás que queirades e incluso engadir algunha en especial. Todo sexa por lembrarnos da nosa infancia, no tempo que comiamos o bocadillo de nocilla vendo a son goku ou ao detective conan na galega e no xabarín!

Non creo que as dez primeiras que postee necesiten presentación; aínda así, poreivos unha imaxe e unha breve mención que pode ser ou un comentario persoal... ou recorte da wikipedia ;). O importante é que vos entre a nostalxia, as formas son o de menos.

PD: a imaxe princial é un collage friki: non quere dicir que todas as fotos se correspondan con series, e anime en galego. Pero a que mola ? XP

Estos son los elementos de la lista. ¡Vota a tus favoritos!

Dragon Ball (As Bólas Máxicas)

1. Dragon Ball (As Bólas Máxicas)

https://dragonballzpolo.blogspot.com.es/

Que decir desta serie... Mítica onde as haxa. Non hai galego que non a coñeza, xa sexa neno, rapaz, pai ou avó; porque todos na casa viamos esta serie que definitivamente nos marcou para sempre. Póñoa de primeira e coido que non vai saír de ahí... Póñovos enlace de descarga, por se queredes... Ver mas
Que decir desta serie... Mítica onde as haxa. Non hai galego que non a coñeza, xa sexa neno, rapaz, pai ou avó; porque todos na casa viamos esta serie que definitivamente nos marcou para sempre. Póñoa de primeira e coido que non vai saír de ahí...

Póñovos enlace de descarga, por se queredes, aínda que sempre vos recomendarei entrar aquí: http://www.osarquivosdameiga.com/

Ha recibido 228 puntos

Vótalo:

2. Detective Conan

Detective Conan

Por pouco entra no top 3, xa que é a miña serie en galego favorita, pero decidín meter as tres anteriores visto a moita sona qu egozan polo fandom no que eu mesmo estou metido. Índonos xa á propia serie, que esquece as tardes de intriga que nos servía o noso pequeno amigo conan, que ata... Ver mas
Por pouco entra no top 3, xa que é a miña serie en galego favorita, pero decidín meter as tres anteriores visto a moita sona qu egozan polo fandom no que eu mesmo estou metido.
Índonos xa á propia serie, que esquece as tardes de intriga que nos servía o noso pequeno amigo conan, que ata engaiolou dalgunha maneira a algúns dos nosos pais ao mesmo tempo ca nos cos seus misterios. Sendo unha lista pública, non debería facelo, pero como a elaborei eu, vou pedir o voto maioritario a esta. Faríame ilusión XD

Déixovos o link dun vídeo cos links de todos episodios, pelis etc que están dispoñibles todos os que emititron. Como non, coa inestimable aportación de: http://www.osarquivosdameiga.com/

Ha recibido 93 puntos

Vótalo:

Shin Chan

3. Shin Chan

http://www.taringa.net/posts/manga-anime/5735696/Shin-Cha...

Mira que nos rimos con esta serie! Se non está no meu segundo posto é porque ben sei que Sailor Moon é moito máis antiga e entrañable. Peor igual ca dragon ball, que avó ou pai viu shin chan cos sus fillos ou netos e se riu ata escangallar con eles? Imposible baixala do top 5, dígovolo eu... Ver mas
Mira que nos rimos con esta serie! Se non está no meu segundo posto é porque ben sei que Sailor Moon é moito máis antiga e entrañable. Peor igual ca dragon ball, que avó ou pai viu shin chan cos sus fillos ou netos e se riu ata escangallar con eles? Imposible baixala do top 5, dígovolo eu ;)
Por certo, que a 6 de xullo de 2016 podo dicir que están botando agora mesmo capítulos novos, ollo! Fixádevos ben na G2 e na programación!

No enlace de descarga hai algúns. Pero para descargar todos recordade ir a: http://www.osarquivosdameiga.com/

Ha recibido 92 puntos

Vótalo:

Doraemon

4. Doraemon

http://www.osarquivosdameiga.com/

A gran serie de anime infantil, que namorou a moitos dos rapaces galegos, pero a min non o conseguiu. É moi famosa en todo o panorama internacional, e ninguén pode resistirse a cantar as súas cancións (incluido eu) Para descargalo, o único sitio onde o podedes atopar: http://www... Ver mas
A gran serie de anime infantil, que namorou a moitos dos rapaces galegos, pero a min non o conseguiu. É moi famosa en todo o panorama internacional, e ninguén pode resistirse a cantar as súas cancións (incluido eu)

Para descargalo, o único sitio onde o podedes atopar: http://www.osarquivosdameiga.com/

Ha recibido 89 puntos

Vótalo:

One piece

5. One piece

http://www.osarquivosdameiga.com/

Aínda que non tivo tan bo recibimento de primeiras como si o fixo Conan ou Goku, o certo é que desde que se comezou a emitir alá polo 2008 deixou marabillado a gran parte do seu público galego. Tanto, que en 2012-2013 volveu á grella para rematar os 104 episodios que aínda non se superaron na... Ver mas
Aínda que non tivo tan bo recibimento de primeiras como si o fixo Conan ou Goku, o certo é que desde que se comezou a emitir alá polo 2008 deixou marabillado a gran parte do seu público galego. Tanto, que en 2012-2013 volveu á grella para rematar os 104 episodios que aínda non se superaron na actualidade. O tempo e a opinión nacional e internacional indícannos claramente o grande e boa que é esta serie, e o mal que a manexaron os membros do Xabarín. Unha mágoa para tan tremenda obra de arte!

Para volver disfrutar da gran dobraxe desta serie en galego, visitade como non: http://www.osarquivosdameiga.com/

Ha recibido 84 puntos

Vótalo:

Evangelion

6. Evangelion

http://www.osarquivosdameiga.com/

Non vou dicir nada desta obra mestra. Básicamente porque para min é indescriptible XP. Incomprendida por algúns, pero engaiolante para moitos (incluído eu) esta historia en principio de simples mechas convértese nunha crítica á moral humana e á humanidade, cheo de referencias mitolóxicas... Ver mas
Non vou dicir nada desta obra mestra. Básicamente porque para min é indescriptible XP. Incomprendida por algúns, pero engaiolante para moitos (incluído eu) esta historia en principio de simples mechas convértese nunha crítica á moral humana e á humanidade, cheo de referencias mitolóxicas, bíblicas etc. que fará que ao final teñamosincluso pena polo protagonista, Shinji Ikari, que sofre todo tipo de contratempos. Pero para comprender este anime terás que estar atento, e volver a vela se fai falta, e de seguro non te aburrirás coa combinación perfecta de anime en galego, mechas, acción e filosofía pura e dura.

Os capis atoparédelos só aquí: http://www.osarquivosdameiga.com/

Ha recibido 72 puntos

Vótalo:

Sailor Moon (A Guerreira Lúa)

7. Sailor Moon (A Guerreira Lúa)

Mágoa de non existir ningún capítulo enteiro desta serie, porque tiña moitas ganas de vela. Son dunha xeración un pouco máis nova que non coincidiu con esta serie, pero estou seguro de que hai moitos que suspiran por ela; de aí que estea tan alto na lista, non vaia ser.... Votade e a ver onde queda!

Ha recibido 57 puntos

Vótalo:

Arale

8. Arale

http://www.osarquivosdameiga.com/

Esta serie, mítica onde as haxa, tamén chamada Doutor Slump, é das poucas series que de verdade me da pena non habela visto antes. Pilloume moi, moi tarde; nin se quera sabería da súa existencia de non ser polas referencias que se fan en dragon ball, que se non nanai. XD Hai algo seguramente... Ver mas
Esta serie, mítica onde as haxa, tamén chamada Doutor Slump, é das poucas series que de verdade me da pena non habela visto antes. Pilloume moi, moi tarde; nin se quera sabería da súa existencia de non ser polas referencias que se fan en dragon ball, que se non nanai. XD
Hai algo seguramente por aquí, coma sempre: http://www.osarquivosdameiga.com/

Ha recibido 57 puntos

Vótalo:

Sarxento Keroro

9. Sarxento Keroro

http://www.osarquivosdameiga.com/

Pilloume xa un pouco maior as súas primeiras emisións, e os poucos recordos que teño son realmente divertidos XD. Parecido a shin chan, co toque ra invasora, esta serie tanto no apartado gráfico coma na comedia non ten desperdicio. Super recomendados os seus 200 episodios que ten en galego (que... Ver mas
Pilloume xa un pouco maior as súas primeiras emisións, e os poucos recordos que teño son realmente divertidos XD. Parecido a shin chan, co toque ra invasora, esta serie tanto no apartado gráfico coma na comedia non ten desperdicio. Super recomendados os seus 200 episodios que ten en galego (que dan para moito, eu aínda nin os empecei XP) e poderedelos atopar, outra vez, aquí: http://www.osarquivosdameiga.com/

Ha recibido 45 puntos

Vótalo:

Blue Dragon

10. Blue Dragon

http://www.osarquivosdameiga.com/

Típico shonen de pelexas, co especial dos dragóns que saen das súas sombras.... o normal. Outra serie que me chegou tarde, pero que esta vez si que me chamou bastante a atencion os poucos capítulos que vin. ten dúas tempadas, de 52 capis cada unha, e subidos todos aquí: http://www... Ver mas
Típico shonen de pelexas, co especial dos dragóns que saen das súas sombras.... o normal. Outra serie que me chegou tarde, pero que esta vez si que me chamou bastante a atencion os poucos capítulos que vin. ten dúas tempadas, de 52 capis cada unha, e subidos todos aquí: http://www.osarquivosdameiga.com/

Ha recibido 25 puntos

Vótalo:

11. Varios: ideas para pór vos.

http://www.osarquivosdameiga.com/

EDITO: podedes engadir vos mási, pero vendo que ninguén o fai de momento, xa o irei facendo eu pouco a pouco ;) Non se nos poden esquecer outras series que ao mellor non tiveron tanta repercusión pero que sí pasaron pola nosa vida; e algúns sí teñen fama. Aquí van algúns que podedes engadir vós mesmos: Código lyoko, Martin Mystery (aínda que non sexa anime), Megaman, As Aventuras de Fly, Cousas de Tolos, Gato Can, Beyblade, Tolos ao Volante, Hattori o Ninja, Rántaro, o Ninja pequeno; Xiaolin Showdown ou O Gran Sushi.... Entre outros moitos pero que agora non se me veñen á cabeza... Ver mas
EDITO: podedes engadir vos mási, pero vendo que ninguén o fai de momento, xa o irei facendo eu pouco a pouco ;)

Non se nos poden esquecer outras series que ao mellor non tiveron tanta repercusión pero que sí pasaron pola nosa vida; e algúns sí teñen fama. Aquí van algúns que podedes engadir vós mesmos: Código lyoko, Martin Mystery (aínda que non sexa anime), Megaman, As Aventuras de Fly, Cousas de Tolos, Gato Can, Beyblade, Tolos ao Volante, Hattori o Ninja, Rántaro, o Ninja pequeno; Xiaolin Showdown ou O Gran Sushi.... Entre outros moitos pero que agora non se me veñen á cabeza.
Moitos destes animes e debuxos en xeral podédelos atopar na páxina que vos deixo no link desta 11ª posición, Os Arquivos Da Meiga

Ha recibido 17 puntos

Vótalo:

Bienvenido

Con las Listas de 20minutos.es puedes crear tu propio top y leer y votar los del resto de usuarios. Ver más

Crear una nueva lista

Encuentra una lista al azar

Busca una lista

Conectados recientemente

Comentarios
Haz tu comentario aquí

© 2013-2016 - Listas de 20minutos.es | Ir a la versión móvil