Versión impresa

GALIZA

GALIZA

  • Lista creada por breogan2008.
  • Publicada el 31.01.2011 a las 23:11h.
  • Clasificada en la categoría Otros.
  • La lista NO admite nuevos comentarios.
  • La lista SI admite que sus elementos sean votados.
  • La lista NO admite que otros usuarios añadan nuevos elementos.

La lista no tiene tags.

Avatar de breogan2008

Último acceso 16.07.2014

Perfil de breogan2008

  • Las estadísticas del usuario se mostrarán en los próximos días.

Ver el perfil de breogan2008

Acciones de la lista

Grandes persoeiros

Estos son los elementos de la lista. ¡Vota a tus favoritos!

Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao

1. Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao

Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 30 de xaneiro de 1886 e finado no exilio, en Bos Aires (Arxentina), o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas... Ver mas
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 30 de xaneiro de 1886 e finado no exilio, en Bos Aires (Arxentina), o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX.

Ha recibido 305 puntos

Vótalo:

Alexandre Bóveda

2. Alexandre Bóveda

Alexandre Bóveda Iglesias, nado en Ourense o 4 de xuño de 1903 e fusilado no monte da Caeira, en Poio, o 17 de agosto de 1936, foi un dos intelectuais galeguistas máis relevantes da Segunda República española en Galiza, chegando a ser o motor do Partido Galeguista segundo palabras do propio... Ver mas
Alexandre Bóveda Iglesias, nado en Ourense o 4 de xuño de 1903 e fusilado no monte da Caeira, en Poio, o 17 de agosto de 1936, foi un dos intelectuais galeguistas máis relevantes da Segunda República española en Galiza, chegando a ser o motor do Partido Galeguista segundo palabras do propio Castelao.

Ha recibido 187 puntos

Vótalo:

Vicente Risco

3. Vicente Risco

Vicente Martínez Risco y Agüero, nado en Ourense o 1 de outubro de 1884 e finado o 30 de abril de 1963, foi un intelectual galego do século XX, membro da xeración Nós e considerado un dos meirandes teóricos do nacionalismo galego.[1] Constitúe unha das figuras máis importantes e complexas da... Ver mas
Vicente Martínez Risco y Agüero, nado en Ourense o 1 de outubro de 1884 e finado o 30 de abril de 1963, foi un intelectual galego do século XX, membro da xeración Nós e considerado un dos meirandes teóricos do nacionalismo galego.[1]

Constitúe unha das figuras máis importantes e complexas da historia da literatura galega. Home procedente dunha familia acomodada, dun grande nivel cultural, contribuíu na literatura galega asentando as bases do nacionalismo galego e renovando a narrativa galega do primeiro terzo do século XX.

Ha recibido 174 puntos

Vótalo:

Antón Vilar Ponte

4. Antón Vilar Ponte

Antón Vilar Ponte, nado en Viveiro o 2 de outubro de 1881 e finado na Coruña o 4 de marzo de 1936, foi un dos principais alentadores do galeguismo de preguerra e un xornalista destacado que colaborou nas páxinas de varios xornais e revistas -A Nosa Terra, Nós, La Voz de Galicia, El Pueblo... Ver mas
Antón Vilar Ponte, nado en Viveiro o 2 de outubro de 1881 e finado na Coruña o 4 de marzo de 1936, foi un dos principais alentadores do galeguismo de preguerra e un xornalista destacado que colaborou nas páxinas de varios xornais e revistas -A Nosa Terra, Nós, La Voz de Galicia, El Pueblo Gallego, El Noroeste...- que foron a palestra dende a que espallou o seu ideario. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas no 1977.

Ha recibido 155 puntos

Vótalo:

Ramón Cabanillas Enríquez

5. Ramón Cabanillas Enríquez

Ramón Cabanillas Enríquez, nado en Fefiñáns, Cambados, o 3 de xuño de 1876 e finado en Cambados o 9 de novembro de 1959, foi un escritor galego. O compromiso co proxecto das Irmandades da Fala levouno a colaborar asiduamente no periódico A Nosa Terra, converténdose na voz lírica do movemento... Ver mas
Ramón Cabanillas Enríquez, nado en Fefiñáns, Cambados, o 3 de xuño de 1876 e finado en Cambados o 9 de novembro de 1959, foi un escritor galego. O compromiso co proxecto das Irmandades da Fala levouno a colaborar asiduamente no periódico A Nosa Terra, converténdose na voz lírica do movemento. Inicialmente próximo a posturas tradicionalistas, axiña partillou as teses de Vicente Risco, cuxo proxecto estético e cultural influiría decididamente na súa produción posterior. Foi aclamado como Poeta da Raza e utilizou os seus poemas ao servizo da construción nacional, abandonando os ecos intimistas presentes na súa primeira poesía.

Ha recibido 147 puntos

Vótalo:

Ramón Otero Pedrayo

6. Ramón Otero Pedrayo

Ramón Otero Pedrayo, nado en Ourense o 5 de marzo de 1888 e finado na mesma cidade o 10 de abril de 1976, foi un escritor, político e intelectual galego, membro da Xeración Nós. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas no 1988. Non houbo xénero que el non traballase: ensaio, novela, poesía... Ver mas
Ramón Otero Pedrayo, nado en Ourense o 5 de marzo de 1888 e finado na mesma cidade o 10 de abril de 1976, foi un escritor, político e intelectual galego, membro da Xeración Nós.
Dedicóuselle o Día das Letras Galegas no 1988.
Non houbo xénero que el non traballase: ensaio, novela, poesía, ademais dos estudos científicos de xeografía da súa cátedra da Universidade de Santiago. Militante do Partido Galeguista foi deputado nas Cortes da República.

Ha recibido 134 puntos

Vótalo:

Ánxel Casal Gosenge

7. Ánxel Casal Gosenge

Ánxel Casal Gosenge, nado en Betanzos o 17 de decembro de 1895 e finado en Cacheiras (Teo) o 19 de agosto de 1936, foi un editor e político galego. A súa actividade como libreiro e impresor é fundamental para explicar o desenvolvemento do galeguismo entre os mozos composteláns. Coa súa imprenta... Ver mas
Ánxel Casal Gosenge, nado en Betanzos o 17 de decembro de 1895 e finado en Cacheiras (Teo) o 19 de agosto de 1936, foi un editor e político galego. A súa actividade como libreiro e impresor é fundamental para explicar o desenvolvemento do galeguismo entre os mozos composteláns. Coa súa imprenta traballando para os sindicatos e a esquerda republicana, gañouse o respecto dos diversos grupos que en 1935 construirán a Fronte Popular.

Ha recibido 126 puntos

Vótalo:

Xosé Filgueira Valverde

8. Xosé Filgueira Valverde

Xosé Fernando Filgueira Valverde, nado en Pontevedra o 28 de outubro de 1906 e finado na mesma vila o 13 de setembro de 1996, foi un historiador e escritor galego, de abundante produción literaria e científica. Trátase dunha figura conflitiva e ao tempo fundamental para o século XX galego... Ver mas
Xosé Fernando Filgueira Valverde, nado en Pontevedra o 28 de outubro de 1906 e finado na mesma vila o 13 de setembro de 1996, foi un historiador e escritor galego, de abundante produción literaria e científica. Trátase dunha figura conflitiva e ao tempo fundamental para o século XX galego. Persoa de fonda cultura humanista e de obra extensa e divulgativa nunha época na que as institucións que hoxe cumpren esa función non a cumprían ou non existían.

Ha recibido 118 puntos

Vótalo:

Bienvenido

Con las Listas de 20minutos.es puedes crear tu propio top y leer y votar los del resto de usuarios. Ver más

Crear una nueva lista

Encuentra una lista al azar

Busca una lista

Conectados recientemente

Comentarios
Haz tu comentario aquí

Esta lista no admite nuevos comentarios

© 2013-2016 - Listas de 20minutos.es | Ir a la versión móvil