26. 2004 - Xaquín Lorenzo, Xocas
http://gl.wikipedia.org/wiki/Xaqu%C3%ADn_Lorenzo
Xaquín Lorenzo Fernández (Xocas), nado en Ourense o 23 de xuño de 1907 e finado na mesma cidade o 19 de xullo de 1989, foi unha personalidade senlleira da cultura e da etnografía galegas.
Desde moi cedo comeza a colaborar co Grupo Nós, aprendendo e facendo amizade con Vicente Risco...
Ver mas
Xaquín Lorenzo Fernández (Xocas), nado en Ourense o 23 de xuño de 1907 e finado na mesma cidade o 19 de xullo de 1989, foi unha personalidade senlleira da cultura e da etnografía galegas.
Desde moi cedo comeza a colaborar co Grupo Nós, aprendendo e facendo amizade con Vicente Risco, Florentino López Cuevillas e Otero Pedrayo e, con só 18 anos (1926), ingresa como membro activo no Seminario de Estudos Galegos cun traballo sobre o carro galego. Desde ese momento, e ata a súa disolución trala Guerra Civil, Xocas colabora intensamente coas seccións de Etnografía e Folclore do Seminario e participa nas campañas que este organiza, ademais doutros traballos de investigación propios. En 1932 é nomeado membro da Comisión Directora e Conservador do Museo; e en 1934, conselleiro permanente do Seminario.
Durante os anos 1940 a 1950 dedicouse principalmente a realizar e dirixir numerosos estudos sobre etnografía material e cultural galega, entre os que destacan os seus estudos sobre o carro, as construcións tradicionais, os oficios, a dorna, etc., así como sobre as festas e romarías, o cancioneiro e o refraneiro popular galego.
Compaxinou estes estudos etnográficos con outros traballos sobre arte, historiografía e arqueoloxía, co estudo e catalogación de diferentes castros, como os de Terra de Lobeira (1931, onde coñece o profesor Fritz Krüger), Cameixa (Boborás, en 1944), Cabanca (1944) ou o de Castromao (Celanova). Este labor desenvolveuno dentro do seu traballo co grupo Nós, coa Comisión de Monumentos de Ourense e co grupo Marcelo Macías, e transcribiuno en diferentes artigos que foi publicando en revistas como Nós, no Arquivo do Seminario de Estudos Galegos, no Caderno de Estudos Galegos, no Boletín da Real Academia Galega, no Boletín Auriense, etc. Colaborou tamén en diferentes ocasións en publicacións equivalentes de España, Portugal e Alemaña.
Cómpre destaca-lo feito de que os seus traballos etnográficos e técnicos ían adoito enriquecidos cos seus propios debuxos (ou do seu irmán Xurxo) e fotografías, co que consegue reflecti-las variedades locais dos obxectos que describía. Tamén recorreu ó cine para recoller mellor as actividades que estudaba, e neste eido destaca sobre todo unha curtametraxe sobre O carro e o home (1940), de inestimable valor etnográfico. Este documental, baixo idea e guión del mesmo, dirixido por Antonio Román e producido por Carlos Serrano, recibiu o premio do Sindicato Nacional do Espectáculo e foi reeditado en 1980 por Eloy Lozano.
En 1951 foi nomeado membro da Real Academia Galega a proposta dos seus eternos compañeiros Cuevillas, Risco e Otero Pedrayo.
Ó longo da súa vida recibiu numerosas distincións, medallas e nomeamentos, como a Encomenda de Alfonso X o Sabio (Ministerio de Educación, 1961), o Premio Otero Pedrayo (concedido polas deputacións galegas, en 1982), conselleiro do novo Seminario de Estudos Galegos, presidente de honra do Padroado do Pedrón de Ouro (1983), fillo predilecto da provincia de Ourense (1983), premio Trasalba (1983) ou a primeira Medalla Castelao (Xunta de Galicia, 1984). Cómpre destaca-la súa presidencia do Padroado do Museo do Pobo Galego.
Etnografía. Cultura material
Do interese de Xaquín Lorenzo na etnografía galega dá idea o feito de que, dos 125 traballos que publicou -só ou en colaboración con outros autores-, a metade estuda e describe diversos aspectos da cultura popular, material ou inmaterial. O traballo máis completo é o que constitúe o segundo volume da magna obra que sobre a Historia de Galiza dirixiu Ramón Otero Pedrayo e da que só chegaron a publicarse tres tomos.
Para a redacción desta Etnografía, Xocas percorre Galicia ó longo de máis de vinte anos, moitas veces acompañado do seu irmán ou de Risco, e recolle información local de numerosos elementos da arquitectura popular, obxectos de uso cotiá e actividades tradicionais, que describe polo miúdo e retrata mediante abondosos debuxos e fotografías.
Obra
"A fala galega", en El Pueblo Gallego, Santiago 8 de setembro 1926.
"Contos: Os tres irmaus; Os labregos e o xuez" (Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza), en Nós 42, 1927, 13-14.
"Mediciña rústica (O tangaraño, O tirizó, Doores de costas). Contos (Bodas no ceo, O home e a cobra)" (Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza), en Nós 44, 1927, 12-13.
"Un casamento en Lobeira" (Arquivo filolóxico e etnográfico de Galiza) (en colaboración con Xurxo Lorenzo), en Nós 58, 1928, 186-188.
"Apuntes de Geografía lexigráfica galega. Algunhas verbas d'usanza corrente en Lovios (Ourense)" (Arquivo filolóxico e etnográfico de Galiza), en Nós 71, 1929, 205-206.
Vila de Calvos de Randín. Notas etnográficas e folkóricas (en colaboración con Florentino López Cuevillas), en Seminario de Estudos Galegos, 1930.
"O tío galego", en La zarpa, Ourense 29 de agosto 1930.
"A muller no cancioneiro galego", en Nós 98, 1932, 26-30; Nós 99, 1932, 43-48.
"A lenda da hermida de Aranga" (Arquivo filolóxico e etnográfico de Galiza), en Nós 99, 1932, 49.
"Do cancioneiro de Borneiro (Cabana)" (Arquivo filolóxico e etnográfico de Galiza), en Nós 108, 1932, 229-230.
"Notas etnográficas da Terra de Lobeira. O liño e a lá", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos VI, 1933, 24-84. "O liño e a lá", en Imprenta Paredes, Santiago, 1933.
"Notas para un cuestionario de etnografía. Embarcacións", en Nós 111, 1933, 49-52.
"Sant Jordi e Sant-Yago", en El Eco de Santiago, 22 de abril 1933.
"Papeletas pra un diccionario" (Arquivo filolóxico e etnográfico de Galiza), en Nós 121, 1934, 14-16.
"O tardo (Notas de mitología popular galega)", en Trabalhos da Sociedade Portuguesa de Antropología e Etnología. Porto VI, 4, 1934, 2-8. Edicións A Nosa Terra - Promocións Culturais Galegas, Vigo 2004.
"Notas encol do Antroido en Lobeira" (Arquivo filolóxico e etnográfico de Galiza), en Nós 124-125, 1934, 91-92
"As dornas do Porto do Són", en Nós 126-127, 1934, 109-116.
"Miscelánea: nobles que defenderon a raia portuguesa antre o Limia e o Miño no ano de 1762", en Nós 131-132, 1934, 186-187.
"Recensión a MittelEuropa (Impresiós d'unha viaxe)", en El Pueblo Gallego, Santiago, 1 de xaneiro 1935.
"Outra vez en col do noso idioma", en Heraldo de Galicia, Ourense 3 de xuño 1935.
"De Re Geographica. Os mapas, o nomenclátor e a realidade", en Heraldo de Galicia, Ourense 2 de decembro de 1935.
"A arte popular nos xugos da Galiza", en Trabalhos da Sociedade portuguesa de Antropologia e Etnologia, VII, Porto, 1935, 209-230.
"Notas etnográficas da parroquia de Borneiro", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos VII, 1936, 17-39. En castelán, publicouse no Boletín de la Comisión de Monumentos Históricos y Artísticos de Orense XIII, 1942, 183-203. Reeditado por Edicións Boreal, A Coruña, en 1990.
"As festas populares do 3 de Maio en Laza" (con Vicente Risco), en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos, VII, 1936, 57-82.
Galicia. Parroquia de Velle (con Cuevillas e Vicente Fernández Hermida). Seminario de Estudos Galegos, 1936.
"Sôbre arqueología do território dos Querquernos", en Revista de Guimarães 48, 1938, 85-106.
"Censo del Coto de Celme en 1737", en Boletín de la Comisión de Monumentos Históricos y Artísticos de Orense XII, 1939, 244, 53-65; 1940, 245, 5-12.
"Die Brense am galizischen Wagen", en Volkstum und Kultur der Romanem. Hamburgo, XI, 1939, 3-4.
"El símbolo solar en el NW. de la Península", en Actas do Congresso Nacional de Ciências da População, II, Porto, 1940, 1-10.
"Lápidas sepulcrais galegas de arte popula", 1940.
"La vivienda popular en la Limia Baja" ("Das Bauerhaus im unterem limiabecken (Prov. Orense, Spanien)"), en Volkstum und Kultur der Romanem. Hamburgo, XV, 1943, 276-308. A Universidade de Santiago de Compostela publicouno en galego no 2004.
"La capilla y santuario del Santísimo Cristo de la Catedral de Orense" (con X. Ferro Couselo), en Boletín del Museo Arqueológico Provincial de Orense I, 1943, 5-68. Reeditado como libro na serie Anexos do Boletín Auriense 12, Ourense, 1988.
"La arracada posthallstática de Irixo", en Boletín de la Comisión de Monumentos Históricos y Artísticos de Orense XIV, 1944, 127-136.
"Un petroglifo inédito de Troña", en Boletín de la Comisión de los Monumentos Históricos y Artísticos de Orense XV, 1945, 22-24.
Las habitaciones de los castros" (con Florentino. López Cuevillas), en Cuadernos de Estudios Gallegos II, 1947, 7-74.
"Antiguas habitaciones de pastores en la Sierra de Leboreiro", en Cuadernos de Estudios Gallegos II, 1947, 341-361.
"Notas arqueolóxicas do castro de Cameixa" (con Florentino López Cuevillas), en Revista de Guimarães LVIII, 1948, 288-305.
"Notas lingüísticas gallegas", en Revista de Dialectología y Tradiciones Populares IV, 1948, 79-93.
"El monumento funerario protohistórico de Santa Mariña de Augas Santas y los ritos funerarios en los castros", en Cuadernos de Estudios Gallegos III, 1948, 157-211.
"Los silos de Villacañas (Toledo)", en Revista de Dialectología y Tradiciones Populares V, Madrid, 1949, 420- 434.
"Un romance impreso en León en 1548", en Boletín de la Comisión de Monumentos Históricos y Artísticos de Orense XVII, 1949-1951, 119-130.
"San Ginés de Francelos" (con M. Rubén García Álvarez), en Cuadernos de Estudios Gallegos V, 1950, 345-391.
"Una lápida de la época sueva en Baños de Bande", en El Museo de Pontevedra VI, 1951, 27-32.
La casa gallega. Discurso de ingreso na Real Academia Galega, respondido por Otero Pedrayo. 16 de setembro de 1951 (inédito).
"Cuatro peñas con pilas, en el sur de Galicia" (en colaboración con López Cuevillas), en Cuadernos de Estudios Gallegos VII, 1952, 5-54.
"Cierres de fincas en el SE. de Orense (Galicia)", en Homenaje a Fritz Krüger, Universidad Nacional de Cuyo, Facultad de Filosofía y Letras, Mendoza (Arxentina), 1952, 175-185.
"La capilla visigótica de Amiadoso", en Archivo Español de Arqueología XXVI, 88, Madrid, 1953, 424-433.
"Muestras de religiosidad popular. Los ex-votos como testimonio de una devoción", en La Región, número extraordinario Festas do Corpus Ourense, 9 de xuño de 1955.
"Distribución dos xugos na Galiza", en Asamblea Lusitano-Gallega, Braga, 1955. 1ª e 2ª Asambleas lusitano-gallega: Actas y Comunicaciones, Editorial Nacional, Madrid 1967, 61-63.
"As xoias de Regodeigón" (en colaboración con M. Rubén García Álvarez), en Revista de Guimarães LXVI, 1956, 90-96.
"A Xuno de Freixido" en Boletín da Real Academia Galega 309-320, 27, 1956, 288-290.
"Nomenclatura del carro gallego", en Revista de Dialectología y Tradiciones Populares XII, 1956, 54-113.
"A Nosa Señora do Viso", en Boletín da Comisión de Monumentos de Ourense XVIII, 1956, 203-247. Reeditado en 1983 polos seus compañeiros do Padroado Ramón Otero Pedrayo a través da editorial Galaxia.
"Cerâmicas castrexas pintadas", en Revista de Guimarães LXVI, 1956, 125-140.
"Unha nova inscultura serpentiforme da citania de Troña" (con F. López Cuevillas), en Boletín da Real Academia Galega, 321-322, 1957, 217-222.
"Cuevillas, etnógrafo", en Homaxe a Florentino López Cuevillas, Editorial Galaxia, Vigo, 1957, 135-138.
"El carro en el folklore gallego", en Anales del Instituto de Lingüística VI. Universidad Nacional de Cuyo, Mendoza (Arxentina), 1957, 311-324.
"El Museo de la Catedral de Orense" (con J. L. López Cid), en Vida Gallega 728, 1957.
"Fray Aureliano Pardo Villar, O.P. (1882-1957)" (con Camilo Agrasar), en Boletín de la Comisión de Monumentos Históricos y Artísticos de Orense XIX, 1958, 2-7.
"Bibliografía" [de Fr. Aureliano Pardo Villar], en Boletín de la Comisión de Monumentos Históricos y Artísticos de Orense XIX, 1957-1958, 9-13
"Florentino López Cuevillas", en Zephyrus, Universidad de Salamanca, IX, 1958, 246
"O Varapau", en O Comercio de Porto, 1958; en O Correo do Porto, 10 de marzo de 1959.
"Estela funerária de Flor de Rei Vello", en Arqueologia e História VIII, Lisboa, 1958, 27-29 (¿59?).
"Dos necrópolis dolménicas" (con F. López Cuevillas), en Cuadernos de Estudios Gallegos XIII, 1958, 284-291.
"Enredos", en Revista de Dialectología y Tradiciones Populares XIV, 1958, 268-293. Reeditado por Museo do Pobo Galego, Santiago de Compostela, 1992 e A Nosa Terra, Vigo, 2004.
Homenagem ao prof. Dr. Mendes Corrêa, XVII, Porto 1959, 249-255.
"Nuevo material de mámoas del Valle Alto del Barbantiño" (con F. López Cuevillas), en Boletín de la Comisión de Monumentos Histórico Artísticos de Ourense XX, 1959-1960, 63-70.
"Deidades marinas en el Orense romano", en Boletín de la Comisión de Monumentos Históricos y Artísticos de Orense, XX. 1959-1960.
"O pastoreio na serra do Leboreiro", en Sep. Actas do Colóquio de Estudos Etnográficos, Dr.J osé Leite de Vasconcelos, Porto, I, 1959, 245-249.
"Muiños de maré", en Trabalhos da Sociedade Portuguesa de Antropologia e Etnografia. Homenagem ao Dr. Mendes Correa, XVII, 1959, 249-255.
"O mar terra adentro", en Revista de Etnografia XIII, I, 1959, 284-296, Porto. Reeditado polo Consello da Cultura Galega (con gravuras de Xosé Conde Corbal), Santiago de Compostela, 2004.
"Unha pedra amuleto", en Boletín da Real Academia Galega 333-338, XIX, 1959, 24-27. Rectificación, 339-344, XIX, 1961, 294-295.
"Bibliografía" [de Florentino López Cuevillas], en Boletín de la Comisión de Monumentos Histórico Artísticos de Ourense XX, 1960, 49-59.
"Nuevos materiales de mámoas del Valle Alto del Banbantiño", en Boletín de la Comisión de Monumentos Históricos y Artísticos de Orense XX, 1960, 63-70.
"Etnografía. Cultura Material". Volume II de Historia de Galiza dirixida por Otero Pedrayo. Ed. Nós, Bos Aires 1962. Reeditado por Akal, Madrid, 1979-1980, e en cuatro volumes diferentes por Galaxia en 1982 na colección "Biblioteca Básica da Cultura Galega": A casa (nº 11), A terra (nº 12), O mar e os ríos (nº 13) e Os oficios (nº 14).
"O mazo, a trompa e a moa", en Actas do I Congreso de Etnografia e Folclore, Braga, xuño 1956. Junta da Acção Social II, Lisboa 1963, 175-181.
"Excavaciones arqueológicas en el castro de Cabanca (Campaña de 1961)" (con Xesús Taboada Chivite), en Noticiario Arqueológico Hispánico VI, 1-3, Madrid, 1964, 129-134.
"Dos necrópolis posiblemente suévicas" (con Xesús Taboada Chivite), en Noticiario Arqueológico Hispánico, VI, 1-3, Madrid, 1964, 200-201.
"Inscripciones romanas de la provincia de Orense" (con F. Bouza Brey), en Cuadernos de Estudios Gallegos XIX, 1964, 59, 267-304; XX, 61,1965,128-179.
"La iglesia prerrománica de San Martiño de Pazó", en Cuadernos de Estudios Gallegos XX, 61,1965, 180-192.
Resposta do académico numerario X. Lorenzo ao discurso lido en recepción pública de Xesús Taboada Chivite o 20 de novembro de 1965. Real Academia Galega, A Coruña 1965, 47-48.
"As casas dos mortos", en Actas do Congresso Internacional de Etnografia, Junta de Investigações do Ultramar, San Tirso 1963 - Lisboa 1965, 1-5.
"Inscripciones romanas votivas de la provincia de Orense", en Cuadernos de Estudios Gallegos XX, 61, 1965, 127-179.
"Inscripciones romanas funerarias, varias no clasificadas, falsas e inexistentes de la provincia de Orense", en Cuadernos de Estudios Gallegos XX, 1965, 261-291.
"La escultura céltica en Galicia", apéndice do libro 7 Artistas gallegos, Festivales de España. Cuadernos de arte-Publicaciones Españolas, nº 29 da serie "Divulgación", Madrid 1965.
"La iglesia de San Martiño de Pazó", en Cuadernos de Estudios Gallegos XX, 61, 1965, 180-192.
O culto das pedras no noroeste peninsular, Real Academia Galega, A Coruña, 1965.
"Distribución dos xugos en Galicia". Primeira e segunda asambleas luso-galegas, organizadas pola Real Academia Gallega. Actas y comunicaciones. Madrid 1967, 61-63.
"Vellas artes de pesca no río Miño", en Revista de Etnografía, Porto 1966, 289-295 (reeditado no Boletín da Biblioteca Pública de Matosinhos 23, 1979).
"A eirexa de Santa María de Mixós, encrucillada de tres estilos", en Congresso luso-espanhol de Estudos Medievais, Porto 1968, 298.
"Inscripciones romanas de Galicia (IRG). IV Provincia de Orense" (coa colaboración de A. D’Ors e F. Bouza Brey), en Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos 1968.
"Don Vicente Martínez Risco y Agüero", en Boletín de la Real Academia Gallega XXX, 1969, 261-265.
"Dos obras de Ventura Álvarez Sala", en Boletín del Instituto de estudios Asturianos 67, Oviedo, 1969, 305-308
"O mar terra adentro", en Revista de Etnografía XXV, Porto 1969, 105-112.
"Una rueda fósil en Catoira (Galicia)", en Boletín Auriense I, Ourense, 1971, 19-30.
"La tessera hospitalis del Castromao" (con X. Ferro Couselo), en Boletín Auriense I, Ourense, 1971, 9-18.
"Excavaciones en el Castromao (Celanova-Ourense)" (con X. Ferro Couselo), en Noticiario Arqueológico Hispánico da Prehistoria, 1976, 347-359.
"Tesorillo protohistórico de Calvos de Randín", en Archivo Español de Arqueología 43, 1970, 228-232.
"La iglesia prerrománica de Santa María de Mixós", en Boletín Auriense II, 1972, 75-110,
Lamas Carvajal e o pobo. Discurso do Día das Letras Galegas. Rivadavia. Agrupación Cultural Abrente, 1972.
"Metamorfosis dunha casa castrexa", en Trabalhos de Antropologia e Etnologia. Coloquio luso-espanhol de cultura castreja XXII, Porto 1973, 225-229.
"Sobre la rueda de Catoira", en Boletín Auriense, Ourense, 1973, 173-175.
"O esprito da mes en Lobeira (Ourense)", en Cuadernos de Estudios Gallegos XXVIII, 86, 1973, 345-351.
"Nuevo cancioneiro galego", en Boletín Auriense III, 1973, 187-188.
"Dibujos de casas y conjuntos urbanos de Galicia", en Boletín Auriense III, 1973, 189-190.
"Galicia en un estudio de arquitectura popular", en Boletín Auriense III, 1973, 191-192.
Cantigueiro popular da Limia Baixa. Penzol, Galaxia, Vigo 1973.
"El carro en el floklore de Galicia", en Revista de Dialectología y Tradiciones Populares XXX, 1-2, 1974, 43-76.
"El carreto en la Limia Baixa", en Boletín Auriense IV, Ourense, 1974, 159-166.
"Un miragre de San Rosendo", en La Región, especial Festas de Celanova, agosto de 1974.
"Tornos de Galicia", en Boletín Auriense V, Ourense, 1975, 87-90.
"Excavaciones en el Castromao. Celanova (Orense)" (con X. Ferro Couselo), en Noticiario Arqueológico Hispánico, Madrid 1976, 348-354 .
"Xesús Taboada Chivite. Bibliografía", en Boletín Auriense VI, Homenaje a Xesús Taboada Chivite, Ourense 1976, 11-16.
"Un propulsor de tipo popular", en Gallaecia 2, Ediciós do Castro, A Coruña, 1976, 281-282.
"Sobre algunos saludos en gallego", en Revista de Dialectología y Tradiciones populares. Homenaje a Vicente García de Diego, XXXII, Madrid 1976, 274-280.
"El sobrado", en Boletín Auriense VI, 1976, 305-318.
"O combarrizo", en Boletín del Colegio Oficial de Arquitectos de Galicia, Santiago de Compostela, 1977, 3-9.
"Paganismo e cristianismo na relixiosidade popular", en Encrucillada 9, 1978, 44-47.
"Florentino L. Cuevillas no vinte cabodano do seu pensamento", en La Región 25 de agosto 1978.
"A Seición de Etnografía do Seminario de Estudos Galegos", en Testemuñas e perspectivas en homenaxe ao Seminario de Estudos Galegos, Cuadernos do Laboratorio de Formas de Galicia, 5, Ediciós do Castro, A Coruña , 1978, 48-52.
"Unha casa do Castromao (Celanova)", en Boletín Auriense X, 1980, 203-210.
"Xesús Ferro Couselo", en Boletín da Real Academia Galega LXXIII, 360, 1980, 477-481.
"Arqueología prehistórica y romana de Orense", en La Región, Ourense 29 de xuño de 1980.
"Limiar de Arquitectura Popular en Galicia", en Publicacións do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, 1981-1983.
"Unha corna decorada", en Boletín Auriense, XI, 1981, 129-133.
"Os enredos dos rapaces", en O Ensino 1, Ourense 1981.
"Do noso antroido: os escabicheiros", en Brigantium 3, 1982, 265-269.
"Lembranza de Otero en Ourense", en Dorna 4, 1982, 13-14.
"Vida espiritual", en Galicia. R. Rodríguez e R. Yzquierdo eds., Anaya, Madrid 1982, 407-443.
"A ramboia", en Boletín Auriense XII, Ourense, 1982, 229-233. En Gallaecia 7-8, Departamento de Prehistoria e Historia Antiga da Facultade de Xeografía e Historia, Santiago de Compostela, 1982, 275-278.
"El Papa Mariano", en “Religión. Mañana es domingo”, en La Región 30 de outubro 1982.
A Nosa Señora do Viso, Fundación Otero Pedrayo, Trasalba (Ourense), 1983.
"Risco vinte anos despois", en La Región, 29 de abril 1983.
Refraneiro galego. Ed. Castrelos. Col. O Moucho 63, Vigo 1983.
"Limiar", en Blas, B.: As construccións populares: un tema de etnografía, 1983.
"D. Vicente Martínez-Risco y Agüero", en Bisbarra: revista cultural dos concellos de Amoeiro, A Peroxa, Cea, Coles, Piñor e Vilamarín nº 1, Ourense 1984, 19-20.
"As ruadas", en Rubillón 84. Festa grande no honor da Virxe do Libramento, Rubillón-Avión, 1984.
"Los muebles en la casa campesina gallega: utilidad y comodidad", en La Región 28 de outubro de 1984
"Encol de San Rosendo"”, en La Región 27 de novembro 1984.
"Cando estiña unha fonte", en Ánfora: Literatura, arte, pensamento 3-4, Verín 1985, 11.
"Dende o ceo de Monterrei. Páxinas verinenses", en Ánfora: Literatura, arte, pensamento, Verín 1985.
"O noso maio", en La Región 15 de maio 1985.
"Encol da toponimia", en La Región 18 de agosto 1985.
"Limiar", en Fraguas, A.: Aportacións ó cancioneiro de Cotobade, 1985.
"As bandas de música volven", en Homenaxe ás bandas de música galegas, Compostela 1986.
"A Nosa Señora do Viso. Unha romaxe antre outras moitas", en Outeiro, A Coruña 1986.
"A prosa de Cuevillas", en Outeiro, A Coruña 1986.
"O amor á terra na irmandade dos 'bos e xenerosos'", en Anduriña, Compostela 1986.
"Castelao" en A Nosa Terra. Extra nº 5/6, 11, Vigo 1986 .
"Cen anos de Cuevillas", en La Voz de Galicia, A Coruña 1986.
Castro de Cameixa: campañas 1944-46. Dirección Xeral de Cultura e do Patrimonio Histórico- Artístico, Santiago de Compostela 1986.
"Cuevillas, o home", en La Región, especial centenario de F. Cuevillas, 14 de novembro 1986.
"Pequenas grandes cousas", en La Región, 19 de febreiro 1987.
"Encol do Antroido", en La Región, 8 de marzo 1987.
Limiar de Ribadavia en el recuerdo, Servicio de Publicacións da Diputación Provincial de Ourense, 1987.
"Os tempos son chegados", en Follas secas: información, creación e humor 13, Ourense, 1987.
"¿Deporte?", en La Voz de Galicia, suplemento deportes, 25 de xaneiro 1988.
"A vivenda e a terra", en Alternativas estruturais e producións agrícola-gandeira, A gandeiría, a pataca, o viño, Cuadernos da área de Ciencias Agrarias 8, Seminario de Estudos Galegos, A Coruña 1988, 6-9.
"O Ourense da xuventude de Otero Pedrayo", en Citania, número extraordinario dedicado a Ramón Otero Pedrayo, Instituto Ramón Otero Pedrayo, Ourense 1988, 13.
"Un intre de D. Ramón", en Outeiro 28, A Coruña 1988, 57.
O outro mundo na tradición popular galega", en Lumieira III, 1988, 119-122
"Algunhas notas de rectificación e gratitude", en La Región 5 de novembro 1988.
"As pontes na tradición popular galega", en A inxeniería histórica como patrimonio monumental: as pontes, Actas do I Seminario Santiago de Compostela, outubro 1985. Xunta de Galicia, Santiago, 1989, 101-103.
"María, nai e señora", en Encrucillada 67, vol.14, marzo-abril 1990, 142-144
"Otero Pedrayo e a antropoloxía", en Actas do Simposio Internacional de Antropoloxía. Identidade e Territorio. Centenario de Otero Pedrayo 1888-1988, Santiago de Compostela, novembro 1988. Consello da Cultura Galega, Santiago de Compostela 1990, 253-256.
"Introducción ó estudio dos hórreos en Galicia", en Actas do I Congreso Europeo del Hórreo. Santiago 1990, 291-293.
Os oficios, Editorial CRTVG-Galaxia, Vigo 1995; La Voz de Galicia, Biblioteca Gallega, 2002; Editorial Galaxia, Vigo, 2003.
"O viño" en Gaiteiro de Lugo, outono 1997-1998, 61.
------------------------------------
Xaquín Lorenzo Fernández, más conocido como Xocas (Orense, 23 de junio de 1907 - Lobera (Orense), 19 de julio de 1989). Historiador y escritor español en lengua gallega y castellana.
Se incorporó al Grupo Nós con Vicente Risco, Florentino López Cuevillas y Otero Pedrayo. Fue miembro del Seminario de Estudos Gallegos, de la Real Academia Gallega y presidente del Patronato del Museo do Pobo Galego.
Obra
«Etnografía. Cultura material» (volumen 11 de la «Historia de Galicia, dirigida por Otero Pedrayo.
«Vila de Calvos de Randín» (1930, junto con Florentino Cuevillas).
«Lápidas sepulcrales gallegas de arte popular».
«La Capilla y el Santuario del Santísimo Cristo de la Catedral de Orense».
«Nosa Señora do Viso».
«La casa gallega».
«Cerámicas castrexas pintadas».
«Las habitaciones de los castros».
«O pastoreo na serra de Leboeiro».
«La capilla visigótica de Amiadoso».
«Deidades marianas en el Ourense romano».
«A casa».
«Vellas artes de pesca no río Miño».
«Distribucións dos xugos na Galiza».
«Metamorfose dunha casa castrexa».
«La iglesia prerrománica de Santa María de Mixós».
«Cantigueiro popular da Limia Baixa».
«Sobre algunos saludos en gallego».
Comentarios